miércoles, 6 de noviembre de 2013

Título de Embajador de Honor del Camino de Santiago

Tal día como hoy se ha publicado en el Diario Oficial de Galicia (DOG), una nueva distinción. Con el fin de divulgar y expandir aún más el ya famoso Camino. Este título otorga a quien lo poseyere la facultad de promoverlo y darlo a conocer de manera más oficial.

Os lo enseño textualmente para que lo veáis.

DOG Núm. 212Mércores, 6 de novembro de 2013Páx. 43349
ReadSpeaker
I. DISPOSICIÓNS XERAIS
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
DECRETO 163/2013, do 24 de outubro, polo que se regula a concesión do título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago.
O Camiño de Santiago, ao longo dos seus doce séculos de vida, gozou dunha extraordinaria vitalidade espiritual, cultural e social. A peregrinación a Compostela é un auténtico fenómeno de carácter histórico-cultural de relevancia universal e un símbolo de fraternidade.
Esta ruta, transitada por innumerables peregrinos/as, está na orixe dunha cultura común europea baseada no intercambio de ideas, de correntes artísticas e dinámicas sociais que vertebraron unha conciencia europea. Un dos máis grandes intelectuais europeos Goethe escribiu que «Europa se conformou coas peregrinacións a Santiago de Compostela».
O Consello de Europa, asumindo esta herdanza, mostrou unha gran sensibilidade institucional cara ao Camiño de Santiago, consciente «do papel que eses itinerarios desempeñaron no desenvolvemento de certas cidades, na creación de institucións relixiosas e laicas, observando que os contactos relixiosos e culturais resultantes deste considerable movemento de peregrinos/as a través de toda Europa constituíron unha primeira etapa cara ao interculturalismo e a unidade europea» (Asamblea do Consello de Europa do 28.6.1984).
E así, as vías principais do Camiño de Santiago foron declaradas Primeiro Itinerario Cultural Europeo (1987) polo Consello de Europa e a denominada ruta francesa do Camiño de Santiago foi inscrita na listaxe de Patrimonio Mundial da Unesco no ano 1993.
Este itinerario recibiu tamén no ano 2004 o Premio «Príncipe de Asturias da Concordia».
Neste terceiro milenio cada ano miles e miles de persoas de todo tipo de relixións e culturas veñen a Galicia, para converterse en peregrinos/as do Camiño de Santiago. A peregrinación a Santiago de Compostela deixou de ser un fenómeno europeo. Peregrinos/as de África, Asia, Oceanía e, sobre todo, América, están a seguir as pegadas desta antiga vía de peregrinación.
Ao longo das distintas rutas que levan a Santiago de Compostela transitan persoas de todos os continentes e de variadas condicións, ideoloxías e nacionalidades, unha oportunidade única para dar a coñecer alén de Europa, as vilas, aldeas e cidades polas que o camiño pasa e a súa meta Santiago de Compostela e os importantes valores humanos e sociais, culturais e espirituais que o conforman.
É por iso que, con este decreto, se pretende recoñecer o labor daquelas persoas, tanto físicas como xurídicas, que se distinguisen pola súa contribución ao coñecemento e divulgación do Camiño de Santiago, a cultura e os valores xacobeos.
Na súa virtude, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, tras a deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e catro de outubro de dous mil trece,
DISPOÑO:
Artigo 1. Obxecto
O obxecto deste decreto é a regulación da concesión do título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago.
Artigo 2. Requisitos
1. O título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago poderá outorgarse a aquelas persoas que teñan sido nalgún momento peregrinos/as do Camiño de Santiago e divulgadores dos seus valores, ou a aquelas entidades, tanto públicas como privadas que, polas súas actividades ou servizos, favorecesen o coñecemento e divulgación de calquera das rutas xacobeas e a promoción dos valores xacobeos.
2. Os embaixadores comprométense a colaborar na programación anual da Xunta de Galicia con, polo menos, unha acción ou actividade para a divulgación dos valores humanos, sociais, culturais e espirituais do Camiño de Santiago.
Artigo 3. Categorías e número
1. Existirán dúas categorías de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago, unha a título persoal e outra de carácter institucional.
2. Poderán concederse, como máximo, oito títulos de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago en cada categoría, que se corresponden ao número das oito rutas históricas polas cales se pode facer o Camiño. A ruta principal é o Camiño Francés, ademais hai outras rutas que se corresponden coas actualmente coñecidas como Camiño Portugués, Ruta da Prata, Camiño do Norte, Camiño de Fisterra, Camiño Inglés e Ruta do Mar de Arousa e Ulla. O Camiño do Norte ten dúas variantes, a coñecida como ruta da costa e a ruta do interior, que é a que se corresponde co Camiño Primitivo.
Artigo 4. Concesión
1. O título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago será outorgado con carácter vitalicio por Decreto do Consello da Xunta de Galicia.
2. A concesión faraa a persoa titular da Presidencia da Xunta de Galicia, ben por propia iniciativa ou de autoridades, institucións ou entidades públicas e privadas.
3. A presentación de propostas razoadas de candidatos para o título poderá realizarse ao longo de todo o ano.
Artigo 5. Instrución do expediente
1. O expediente para a concesión do título iniciarase por acordo do órgano ou entidade da comunidade autónoma con competencias en materia de Turismo.
2. Neste acordo designarase un/unha instrutor/a e un/unha secretario/a das actuacións. Este/a último/a será un/unha funcionario/a da Administración autonómica.
3. O/a instrutor/a do expediente adoptará todas aquelas actuacións que considere necesarias para obter a máis completa e contrastada investigación dos méritos que xustifiquen a concesión do título.
4. A instrución do expediente non poderá exceder o prazo de dous meses, contados a partir da data da incoación deste.
5. Concluída a instrución, esta elevarase ao Consello da Xunta de Galicia.
Artigo 6. Acreditación
1. Para acreditar o outorgamento do título expedirase o correspondente documento que será autorizado coa sinatura da persoa titular da Presidencia da Xunta de Galicia. A distinción deberá estenderse nun pergameo artístico e conterá de xeito sucinto os merecementos que xustifiquen o outorgamento.
2. Este título terá carácter exclusivamente honorífico, non derivándose da súa posesión dereito administrativo ou económico ningún.
Artigo 7. Acto de entrega
Acordada a concesión, o 23 de outubro a persoa titular da Presidencia da Xunta de Galicia entregará o título nun acto solemne.
Artigo 8. Revogación do título
Os títulos concedidos poden quedar sen efecto seguindo o mesmo procedemento que para outorgalos, cando de forma motivada e por causa sobrevida así se xustifique por razóns que puidesen supoñer un desprestixio das altas funcións encomendadas.
Disposición derradeira primeira
Facúltase a persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia para ditar cantas resolucións sexan precisas para a execución do disposto neste decreto.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vinte e catro de outubro de dous mil trece
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
La verdad es que se me ocurren unos cuantos hospitaleros, párrocos y órdenes religiosas que pueden tener este privilegio.

Un saludo peregrino, Ultreia et Suseia.